Google Ads con 12 € ao día: 4.330 clics en seis meses e un custo por clic de 0,46 €
Inventos Eureka axuda a converter unha idea en patente. Tiña unha campaña activa que gastaba sen medir. Puxémola a traballar co mesmo orzamento.

En resumoAs tres claves deste caso
A conta tiña anuncios, pero non medía conversións. Sen modo de consentimento, Google non vía os formularios.
Antes de tocar as poxas, arranxei a medición. Sen datos non hai estratexia, hai fe.
Entre xaneiro e xuño de 2025 a campaña sumou 4.330 clics, ata 882 nun só mes.
Unha campaña que gastaba sen saber que traía
A conta tiña anuncios, pero non medía conversións. Sen modo de consentimento, Google non vía os formularios.
E o orzamento era pequeno: 12 € ao día fronte aos 24 que pedía a plataforma. Había que espremer cada euro.
Medir primeiro, poxar despois
Antes de tocar as poxas, arranxei a medición. Sen datos non hai estratexia, hai fe.
- Análise da competencia — que anunciaban os competidores e con que palabras.
- Medición en orde — Google Tag Manager, modo de consentimento e conversións melloradas, co soporte de Google.
- Palabras clave vixiadas a diario — «cómo se patenta una idea» e «patentar una idea» como eixes, con CTR por riba do 6 %.
- Resumo ao cliente — clics, custo e conversións explicados nun correo, sen panel que descifrar.
Cada euro, dous clics
Entre xaneiro e xuño de 2025 a campaña sumou 4.330 clics, ata 882 nun só mes. O CTR foi do 5,89 % e cada clic custou entre 0,41 e 0,49 €.
Analytics rexistrou polo menos 17 formularios enviados e cinco contactos máis. Todo con 12 € ao día.
Fonte: Google Ads e GA4, informe ao cliente de xuño de 2025.
Preguntas frecuentes
Sobre este tipo de proxecto.
Pódese facer Google Ads con pouco orzamento?
Que é o modo de consentimento?
Necesitas algo parecido?
Queres ser o seguinte caso de éxito?
Comeza por unha Sesión de Diagnóstico. Reviso a túa presenza dixital antes da videochamada e lévaste 3 prioridades claras.