Un deseñador externo dentro do equipo: identidade e redes para oito marcas dun grupo tecnolóxico
Bigtoone agrupa varias marcas de tecnoloxía e servizos. Necesitaba deseño constante para todas, sen contratar persoal fixo. Entrei por horas, co correo e o calendario do grupo.

En resumoAs tres claves deste caso
Cada marca do grupo tiña o seu público e a súa cor. Sen un deseñador fixo, cada peza saía distinta.
Correo corporativo, calendario compartido e acordo de confidencialidade. Despois, deseño constante para todas as marcas do grupo.
Durante 2025 o grupo tivo deseño propio para todas as súas marcas sen ampliar o cadro de persoal.
Moitas marcas, unha soa liña e ningún deseñador dentro
Cada marca do grupo tiña o seu público e a súa cor. Sen un deseñador fixo, cada peza saía distinta.
Facía falta alguén que coñecese todas as marcas, traballase dentro do seu fluxo e entregase rápido.
Traballar desde dentro, facturar desde fóra
Correo corporativo, calendario compartido e acordo de confidencialidade. Despois, deseño constante.
- Logotipos e versións — oito marcas coas súas variantes de cor e arquivos listos para web, vídeo e impresión.
- Fondos e portadas — fondos corporativos para videochamadas e presentacións; portadas de LinkedIn, Facebook, X e YouTube.
- Material de eventos — roll-up, lona, expositor, adhesivos e tarxetas para unha feira conxunta de dúas marcas.
- Modelos e feed — sistema de carruseis por marca e produción mensual para redes.
Deseño constante sen nómina
Durante 2025 o grupo tivo deseño propio para todas as súas marcas sen ampliar o cadro de persoal. Cada quincena, un parte de traballo e unha factura.
As marcas concretas quedan fóra desta páxina por respecto á súa confidencialidade.
«Moitísimas grazas, superrápido!».
Preguntas frecuentes
Sobre este tipo de proxecto.
Traballas dentro do equipo dun cliente?
Deseño gráfico ou marketing?
Necesitas algo parecido?
Queres ser o seguinte caso de éxito?
Comeza por unha Sesión de Diagnóstico. Reviso a túa presenza dixital antes da videochamada e lévaste 3 prioridades claras.