Sesión de Diagnóstico gratuíta · 2 prazas por semanaReserva a túa
DA&TO Consulting · Web

Unha consultoría gastronómica que arrancou de cero con web, identidade e blog en dous meses

DA&TO axuda a restaurantes a recuperar marxe: escandallos, procesos, sala e cociña. En decembro de 2025 tiña un logo, uns packs e ningunha presenza dixital.

  • SectorConsultoría gastronómica · Hostalaría
  • ServizoWeb e identidade dixital
  • Ano2026
Web de DA&TO Consulting en portátil, tableta e móbil — Auve Nico
2 mesesda idea á web publicada
Blogsobre marxe, food cost e procesos
1formulario que xa trouxo contacto
En resumoAs tres claves deste caso
01O reto

O fundador tiña claro o servizo e a quen axudar. Faltáballe todo o demais: unha web que explicase a consultoría, unha identidade coherente no dixital e contido que demostrase criterio.

02O proceso

Cun orzamento axustado, hai que priorizar. Aquí adaptouse a identidade que xa existía e o esforzo foi para a web e o contido.

03O resultado

A web publicouse a finais de xaneiro de 2026 e Google empezou a amosala en febreiro.

O reto

Unha empresa nova sen sitio ao que enviar un cliente

O fundador tiña claro o servizo e a quen axudar. Faltáballe todo o demais: unha web que explicase a consultoría, unha identidade coherente no dixital e contido que demostrase criterio.

E sen foto persoal: a marca é a empresa.

O proceso

Identidade, web e contido no mesmo movemento

Cun orzamento axustado, hai que priorizar. Aquí adaptouse a identidade que xa existía e o esforzo foi para a web e o contido.

  1. Logotipo do cliente, tal cal — sen tocalo: só as súas aplicacións dixitais (favicon, sinatura de correo e cabeceiras de LinkedIn).
  2. Web coa oferta clara — para quen é a consultoría, que inclúe cada bloque (rendibilidade, procesos, carta, formación) e unha primeira consultoría gratuíta.
  3. Blog que ensina oficio — control de custos, food cost, marxe bruta, mise en place: artigos longos con imaxe propia.
  4. Medición — Search Console e GA4 desde o primeiro día; formulario conectado ao buzón.
O resultado

Presenza dixital completa para empezar a vender

Feb 2026primeira aparición en Google
Contactoo primeiro xa chegou polo formulario

A web publicouse a finais de xaneiro de 2026 e Google empezou a amosala en febreiro. É unha web recén nacida: aínda non hai cifras que merezan publicarse.

O que si hai é un primeiro contacto real polo formulario e unha marca que xa se pode amosar.

Fonte: Google Search Console e GA4, consulta de setembro de 2026.

FAQ

Preguntas frecuentes

Sobre este tipo de proxecto.

Podo ter web e marca á vez con pouco orzamento?
Si, se decides que vai primeiro. Refacer un logo que funciona é tirar diñeiro; unha web que non existe, tamén.
Cando publicar cifras dunha web nova?
Cando haxa base. Con seis meses e volumes pequenos, calquera porcentaxe engana.
Comeza aquí

Queres ser o seguinte caso de éxito?

Comeza por unha Sesión de Diagnóstico. Reviso a túa presenza dixital antes da videochamada e lévaste 3 prioridades claras.

Gratuíta 30 minutos por videochamada 2 prazas por semana Sen compromiso