Un sistema de contidos para que unha marca de seguros de mascotas publique sen improvisar
SegurVet asegura a saúde de cans e gatos. As súas redes necesitaban unha liña visual propia e un calendario que non dependese do día a día da corredoría.

En resumoAs tres claves deste caso
A marca compartía equipo coa corredoría. Cando había lea, as redes parábanse.
Un sistema que se deseña unha vez e se alimenta cada mes.
As redes de SegurVet publican con orde desde maio de 2025. Os datos de alcance son modestos e non os vou maquillar: unha conta de seguros en Instagram non medra soa.
Publicar sen sistema é publicar a ratos
A marca compartía equipo coa corredoría. Cando había lea, as redes parábanse.
Faltaban modelos, un ton e un calendario que se cumprise aínda que ninguén se lembrase.
Modelos, calendario e programación
Un sistema que se deseña unha vez e se alimenta cada mes.
- Liña visual propia — modelos de feed para 2025 e 2026, carruseis e stories coa identidade de SegurVet.
- Contido útil para donos de mascotas — coberturas, primeiros auxilios, dúbidas frecuentes e campañas de tempada.
- Programación con Metricool — un mes deseñado e programado dunha vez en Instagram e Facebook.
- Revisión con datos — informe mensual e axuste do ritmo e dos formatos.
Ritmo constante e unha marca recoñecible
As redes de SegurVet publican con orde desde maio de 2025. Os datos de alcance son modestos e non os vou maquillar: unha conta de seguros en Instagram non medra soa.
O traballo aquí é constancia, coherencia e non depender de ninguén.
Preguntas frecuentes
Sobre este tipo de proxecto.
Paga a pena Instagram para un seguro?
Que é un sistema de contidos?
Necesitas algo parecido?
Queres ser o seguinte caso de éxito?
Comeza por unha Sesión de Diagnóstico. Reviso a túa presenza dixital antes da videochamada e lévaste 3 prioridades claras.